Este ano celebramos a III Festa da Merluza da Volanta da nosa vila, e queremos compartilo con vós.
O domingo 30 de xuño poderedes degustar diversos pratos cociñados coa nosa merluza e os berberechos da nosa ría:
- Dous pratos diferentes de merluza
- Unha táboa de 6 pinchos de merluza para compartir
- Empanada e pastelón de berberechos
- Berberechos ó vapor
- Menú infantil con hamburguesas e perritos calientes
- Postres
- Bebidas
E todo isto acompañados do grupo local Los Eternos e o monologuista Pepo Suevos:
- 12.00 h – 14.00 h. Comezo da Festa e concerto de Los Eternos
- 15.00 h – 17.00 h. Monólogo de Pepo Suevos e animación infantil para os máis pequenos da casa.
- 09.30 h – 19.30 h. Visitas guiadas ó Museo do Mar
NON VOLO PERDADES!!!!!