Fainos moita ilusión presentarvos un documental dirixido por David Beriain sobre a historia de Serxio Ces, percebelleiro de Cedeira.
Este documental foi preseleccionado para os premios Goya 2012.
Sinopse: Ruxe o Vento. O mar golpea nos acantís. Dous metros de rocha, esa é a franxa de auga e osíxeno na que medra o percebe. Dous metros onde o mar se ensaña, onde bate con forza milenaria. Unha fronteira de ondas e escuma no que Serxio e os seus compañeiros loitan por un anaco de mar. Unha fronteira de valor e medo. De temeridade e sentido común. Dous metros sen marxe de erro. Alí vive o percebe. Alí vive Serxio.
“Percebeiros” é a loita contra o mar duns guerreiros que non se consideran heroes.