ARTES DE PESCA

Enténdese por arte de pesca o conxunto de técnicas e métodos que os seres humanos utilizan para capturar especies pesqueiras e marisqueiras.

As artes máis utilizadas nas zonas litorais non moi alonxadas da costa, nas pesquerías de baixura e de augas interiores, coñécense como artes artesanais ou artes menores. As artes utilizadas nas pesquerías realizadas en augas exteriores, e moi especialmente en pesquerías de altura, se identifican como artes industriais.

As principais artes empregadas polos nosos pescadores e mariscadoras son as que se describen neste apartado (pincha nos seguintes arquivos para velos).

ficha-peixes

ficha-marisco

A volanta

É un arte de pesca de enmalle con forma rectangular, constituida por varias pezas de rede de un só pano e unidas entre si. A dimensión mínima de malla é igual ou superior a 90 mm e presenta unha lonxitude e altura máxima de 50 e 10 m respectivamente. Caracterízase por atoparse fixada ao fondo mediante un sistema de fondeamento, consituido por chumbos na parte inferior e flotadores na superior, o que permite mantelo en posición vertical sobre si mesmo.

a-volanta-arte-pesca

A pesquería que acostuma a ocupar nas nosas costas é a da merluza, produto cun gran protagonismo na nosa alimentación e fundamento da “I Festa da Merluza da Volanta de Cedeira” baixo o proxecto “O Sentir Mariñeiro”. Esta exaltación gastronómica foi concebida para ofrecer ao público a degustación deste peixe branco, elaborado coas receitas tradicionais da nosa rexión, así como para ensalzar o seu valor gastronómico e nutricional. Outras especies capturadas con este arte poderían ser: o besugo, o xurelo, a faneca, o pancho…

Rasco

O rasco é un arte de enmalle de forma rectangular constituida por varios panos de rede de un só pano e unidos entre si. A dimensión mínima de malla será igual ou superior a 280 mm e cada un dos panos terá unha lonxitude e altura máxima de 50 m e 3,5 m respectivamente. A lonxitude máxima da arte será de 11m. A súa disposición caracterízase por ir armada entre unha relinga de frotadores e outra de chumbos de xeito que pode adoptar unha posición case tendida no fondo.

As nosas embarcacións, sóen pescar rape ou xuliana con este arte, que se caracteriza por ter unha extensa tradición culinaria no noso pobo: “rape á Cedeiresa” ou “rape con guisantes”. Nembargantes, tamén captura rodaballo, raia, san martiño, langosta ou bogavante (sen dúbida grandes peixes e mariscos para os nosos padales).rasco-arte-pesca

As nasas

Son artes de fondo que están construídas en forma de cestos ou gaiolas de diversos materiais que se recobren de rede. Están provistas dunha ou varias aberturas ou bocas de extremos lisos, non punzantes, que permiten a entrada das distintas especies ao interior do habitáculo que constitúe a arte, atraídas polo engado colocado dentro del. Serán largadas de forma que constitúan cacesa, trens ou tandas, en que cada nasa se empata a unha tralla e ésta, se une ó cabo madre.

As nasas poden ser abertas ou pechadas (dependendo da zona de captura e da especie obxectivo), aínda que os nosos naseiros acostuman a traballar con nasa pechada capturando polbo, nécora e camarón fundamentalmente.

Así, para o polbo e a nécora teremos:
– Lonxitude máxima de 550 mm.
– Altura máximo de 350 mm.
– A boca de entrada no seu diámetro maior será de 160 mm cando esteñan recubertas con rede e o lado do cadro dos ocos que formen non será inferior a 10 mm cando estea recuberta doutro material.

nasa-pulpo-arte-pesca

Marisqueo

Enténdese por marisqueo o exercicio da actividade extractiva, desenevolvida a pé ou desde embarcación, na zona marítima ou marítimo-terrestre dirixida de modo exclusivo e con artes selectivas e específicas á captura dunha ou varias especies de moluscos, crustáceos, tunicados, equinodermos e outros invertebrados mariños, con fins de comercialización.

Existe unha clasificación en canto ás zonas de explotación marisqueira en base á existencia ou non dunha concesión ou autorización administrativa: libre marisqueo, autorizacións marisqueiras e concesións marisqueiras.

Esta actividade ten unha gran importancia social en Galicia, xa que dela dependen os ingresos de aproximadamente 4000 personas, mulleres (82 %) na súa maioría no caso do marisquo a pé, e homes ( 97% ) no caso do marisqueo desde embarcación.

O exercicio do marisqueo en zonas de autorizacións marisqueiras ou de libre marisqueo requerirá estar en posesión dunha licencia tanto para marisqueo a pé como para marisqueo desde embarcación ou a flote. Será a Xunta de Galicia a que estableza os requisitos para a obtención, renovación, perda ou suspensión da licencia correspondente.

marisqueo-arte-pesca

MARISQUEO A PÉ

Sacho

Utensilio formado por un mango de madeira, ou outro material, nun de cuxos extremos dispón dunha platina metálica plana, comunmente de forma triangular ou rectangular, que forma ángulo agudo co mango. É unha das artes máis utilizadas no marisqueo a pé; é utilizado polos mariscadores e mariscadoras na recolección de ameixa, chirla, reloxo… cravando o sacho na area (nas zonas pedregosas) e removéndoa, virándoa para deixar ó descuberto os moluscos obxeto da recolección.

marisqueo-arte-pesca-sacho

Angazo

Consta dun mango de madeira ou similar que forma ángulo agudo cunha platina de madeira ou metal provista de dentes que non poderán exceder dos 10 cm de lonxitude. Arte que se utiliza removendo a area para deixar ó descuberto os berberechos, ameixas, carneirolos, cadelucha…

Fouciña

Consta dun curto mango de madeira rematado nunha peza metálica máis ou menos curva que facilita a excavación e o acceso aos moluscos infaunais. Con este tipo de arte os mariscadores recollen os moluscos bivalvos un a un. Teñen que introducir a fouciña na area arrastrándoa cara eles có fin de que a folla toque na cunhca do bivalvo e, dando un pequeño xiro a arte tira cara arriba levantando a area e deixando oa o marisco ó descuberto.

marisqueo-arte-pesca-founcina

Tanto o sacho como o angazo e o fouciño son artes procedentes do interior e típicas do campo que foron adaptadas para o traballo no intermareal.

MARISQUEO A FLOTE

Raspa ou rasqueta (“cacha”)

Utensilio adaptado para a extracción de percebe que consta dun mango recto de madeira unido a unha platina poligonal que terá unha base máxima de 5 cm. Consta dun mango de madeira unido a unha platina metálica con dous ou tres dentes lixeiramente curvados.

marisqueo-arte-pesca-cacha

Sacho

Utensilio formado por un mango de madeira, ou outro material, nun de cuxos extremos dispón dunha platina metálica plana, comunmente de forma triangular ou rectangular, que forma ángulo agudo co mango. É unha das artes máis utilizadas no marisqueo a pé; é utilizado polos mariscadores e mariscadoras na recolección de ameixa, chirla, reloxo… cravando o sacho na area (nas zonas pedregosas) e removéndoa, virándoa para deixar ó descuberto os moluscos obxeto da recolección.

marisqueo-arte-pesca-sacho

Angazo

Consta dun mango de madeira ou similar que forma ángulo agudo cunha platina de madeira ou metal provista de dentes que non poderán exceder dos 10 cm de lonxitude. Arte que se utiliza removendo a area para deixar ó descuberto os berberechos, ameixas, carneirolos, cadelucha…