Ruta de Sendeirismo REMIP

E seguimos con máis eventos! Esta vez trátase, nada máis e nada menos, que dunha ruta de sendeirismo pola nosa Reserva Mariña. Nel poderedes desfrutar do entorno, o faro da Robaleira e as calas que rodean a costa ata O Cubilote. A ruta será o 19 de agosto e conta cunha duración de 3 horas […]

Continue Reading

Obradoiro de cociña

O próximo 1 de agoso, na Confraría de Cedeira, poderedes desfrutar dunha masterclass dirixida pola cociñeira de A Gella dos Avís (Narón). Neste obradoiro coñeceredes distintas formas de cociñar o berberecho e a ostra da nosa ría. Non olvidedes apuntarvos no número de teléfono 981.480.389 ou no e-mail inscripcion@confrariacedeira.es Agardámosvos!  

Continue Reading

Xornada de marisqueo

¿En que consiste o marisqueo? ¿Como se realiza? ¿Que materiais e ferramentas se utilizan? ¿Como saber que produtos se poden coller? Todas esas preguntas e moitas máis contestaránvolas as nosas mariscadoras o próximo 16 de xullo na praia de Vilarrube . Ofrecémosvos unha xornada coas mariscadoras máis experimentadas para que vos ensinen o seu traballo […]

Continue Reading

Que chega!!

  Que si! Que este ano tamén facemos a Festa da Merluza da Volanta de Cedeira! Porque non podía faltar. Porque queremos darlle a importancia que se merece ós nosos produtos. E para iso, precisamos de vós, da vosa participación.  Porque non hay mellor plan para un domingo nubrado (si, xa consultamos a previsión do […]

Continue Reading

EVENTOS DO MES DE XUÑO

Achégase o verán e con el, unha recua de actividades e eventos que estamos a preparar desde a Confraría de Pescadores de Cedeira. Pero comecemos coas máis próximas…  O vindeiro mércores 19 de xuño  poderedes gozar dun Obradoiro de Cociña impartido polo dono do restaurante O Amanexo. Terá lugar no primeiro piso da Confraría de […]

Continue Reading