Achégase o verán e con el, unha recua de actividades e eventos que estamos a preparar desde a Confraría de Pescadores de Cedeira.
Pero comecemos coas máis próximas…
O vindeiro mércores 19 de xuño poderedes gozar dun Obradoiro de Cociña impartido polo dono do restaurante O Amanexo.
Terá lugar no primeiro piso da Confraría de Cedeira. O obradoiro será de 10.00 a 12.00 horas da mañá e nel, Miti cociñará tres pratos coa nosa merluza como protagonista e diversos mariscos como acompañante.
O próximo 26 de xuño haberá unha xornada de portas abertas, na que unha das nosas expertas ensinaravos:
- Como diferenciar os nosos mariscos dos foráneos.
- Como coñecer a frescura do peixe.
E realizaredes tamén unha visita guiada á nosa lonxa para que vexades como se traballa nela.
Lembrade que todos estes obradoiros e visitas son totalmente gratuitas, o único que tedes que facer é inscribiros no número de teléfono 981.480.389 / 608.926.390 ou mandar un e-mail co voso nome completo máis un número de contacto ó correo: inscripcion@confrariacedeira.es |