Especie: Necora puber.
A nécora captúrase de forma artesanal coa nasa durante a noite. Está prohibida a súa captura dende xaneiro ata o comezo do verán.
No mercado véndense nécoras vivas importadas de países europeos como Reino Unido, Francia ou Irlanda. A especie galega presenta unha coloración máis intesa/escura. A de importación ademáis de ser máis clara, soe ser máis lisa e bastante máis barata.
As femias teñen o abdome con forma de lengüeta ancha (que lles serve para transportar as ovas) O que as diferencia dos machos é que estes teñen un abdome máis pequeno e con forma triangular. A súa coloración é pardo escuro.
En canto ó aporte nutricional, a nécora é un alimentocun significativo aporte de iodo, selenio, cinc, sodio, proteínas, colesterol, vitamina E, vitamina B·, ácidos grasos pliisaturados, vitamina B6, auga e magnesio.