Xornada de Pesca Infantil

Temos a grandísima sorte de pertencer a un pobo mariñeiro. Un pobo que vive da pesca, do marisqueo. Un poco que conta cos mellores produtos do mar.

Pero non podemos permitir que todo isto desapareza coas xeracións máis vellas.

Para iso, organizamos unha xornada de pesca infantil no Porto Pesqueiro para os máis pequenos da casa.

Porque eles tamén teñen dereito a desfrutar da nosa ría.

Convidámosvos o venres 2 de agosto a partir das 17.00 horas, con merenda e diplomas para os participantes.

OLLO! Lembrade levar as vosas cañas de pesca! (o cebo poñémolo nós  😛 )

 

Deixa unha resposta